Axuda
Para crear as fichas hai que usar o xerador de fichas, que se topa arriba a esquerda.

A ventá do xerador consta de 3 partes:
- Exercicios dispoñibles
- Exercicios seleccionados
- Vista previa
En exercicios dispoñibles teremos todos os diferentes modelos de exercicios que se poden introducir nunha ficha. Moitos deles son moi versátiles e pode dárselles calquera uso introducindo para iso un enunciado adecuado. Outros, como pode ser o sudoku, non teñen moito máis que para o que foron pensados.
Na parte de exercicios seleccionados aparecen por orde os exercicios que compoñen a ficha actual. De inicio tópase completamente baleiro, haberá que ir engadindo os exercicios desexados a esta zona.
Na vista previa, se poderá ver como vai quedando a folla de exercicios que se está a confeccionar.
Para engadir un exercicio da zona exercicios dispoñibles cara a zona exercicios seleccionados basta arrastrar dunha a outra.
Unha vez se topan os exercicios na zona seleccionados, podemos facer con estes o que se desexe: ordenalos, borralos. En todo momento
se poden engadir máis. Para borrar basta facer clic na aspa que cada exercicio ten a dereita.
Cada un dos exercicios introducidos ten unha serie de parámetros que poden ser modificados. Algúns destes parámetros son comúns,
como por exemplo o enunciado, e outros son específicos do exercicio en cuestión. Que parámetros e o significado de cada un se pode
encontrar en tipos de exercicios. Para modificar os parámetros dun exercicio hai que facer clic no
debuxo do teclado que se topa no lado esquerdo de cada exercicio da zona exercicios seleccionados.
Cando se remata de facer os cambios, basta facer clic no botón aceptar ou na parte escurecida da ventá. Os cambios son automaticamente almacenados.
Algúns destes exercicios teñen na pantalla de parámetros novas zonas de arrastrar e soltar. Por exemplo, no exercicio operacións hai que engadir operacións ao propio exercicio, na sopa de letras hai que engadir as palabras que se van a esconder, etc. Cada engadido deste tipo, sexa unha palabra, un exercicio, ou o tipo que sexa, se comporta igual que os exercicios: a aspa para eliminar, o teclado para cambiar parámetros se os ten.

Unha vez que os exercicios están introducidos pódese pulsar o botón de xerar, que fará que a vista previa apareza o contido da ficha que se está a xerar. Ese mesmo botón serve para descargar a ficha unha vez satisfeito co resultado. No caso de deixar algo atrás: cambiar o valor dalgún parámetro, esquecerse de engadir un exercicio, faise a modificación correspondente e volverase a xerar a ficha.