Benvidos á nosa páxina web. Este traballo pretende ser unha ferramenta de axuda para completar a actividade docente. A idea é que poidades xerar as vosas fichas dende esta web, mesturando os tipos de exercicios e tipos de operacións para personalizar a ficha ao nivel do voso alumnado.
A novidade máis notable en relación coa antiga versión da web é que podes ter no mesmo documento os diferentes exercicios de atención, matemáticas e linguas cando antes eran fichas independentes.
Iremos ampliando as capacidades do xerador pouco a pouco, segundo nos vaian xurdindo necesidades.
Para comezar a traballar só temos que ir á páxina Xerador ou se o prefires podes visitar a páxina de axuda.